Coctelería en directo en Manso con Ron Arehucas

18 de Outubro del 2018, 09:22

 
Coctelería en directo en Manso con Ron  Arehucas
 
 

A nosa zona de bar acollerá os próximos venres 2 e sábado 3 de novembro unha demostración de  coctelería en directo coa colaboración de Arehucas. Un  barman de dilatada experiencia, embaixador da marca, fará unha demostración de  coctelería a base do ron anello de 18 anos reserva especial. Se te achegas, poderás ademais pedirlle o combinado que máis che apeteza con este destilado.

A actividade será gratuíta e desenvolverase de 21 h a 00:30 h ambas as xornadas, ata completar aforamento. Se previsor e ven pronto para ter praza! Empezar así a fin de semana, é empezalo con bo pé e mellor sabor de boca.

Como xa sabedes, a nosa zona de bar, máis informal e onde as tapas son as protagonistas culinarias, atópase na planta baixa de Manso Restaurante. Estade atentos porque habitualmente programamos actividades de catas, degustacións e maridaxes especiais que adoitan contar cunha base gastronómica pensado para cada ocasión.

Apúntaste?

 

 
 

Comentarios