blog

 
 

Coctelería en directo en Manso con Ron Arehucas

18 de Outubro del 2018, 09:22

 

A nosa zona de bar acollerá os próximos venres 2 e sábado 3 de novembro unha demostración de  coctelería en directo coa colaboración de Arehucas.

 
 

Alberto Lareo dará un showcooking en SAL, o Festival de Sabores Atlánticos

12 de Xuño del 2018, 14:11

 

O próximo sábado 16 o noso chef, Alberto Lareo, partipará nunha cita moi especial: a primera edición de SAL, o Festival de Sabores Atlánticos que comeza a súa historia en A Coruña do 15 ao 17 de xuño.

 

 
 

Alberto Lareo levará mañá o seu saber facer ás xornadas ‘Os Cafés, Patrimonio Cultural a través do tempo’

02 de Maio del 2018, 12:56

 

O noso chef Alberto Lareo participará mañá na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela e unha ponencia. O tema? O mundo do café. As xornadas titúlanse ‘Os Cafés, Patrimonio Cultural a través do tempo’ e tratan, como é obvio, destes grans imprescindibles na nosa cultura e presentes sempre nos nosos fogares.

 
 

A cociña de Alberto Lareo cruza o charco: Manso viaxa a México!

17 de Abril del 2018, 13:15

 
Boas noticias: o noso restaurante Manso cruza o charco! O chef Alberto Lareo mudouse ao continente americano ata o próximo 27 de abril para colaborar con La Hacienda de Jamaica, na Cidade de México, nunhas xornadas gastronómicas que fusionan a gastronomía galega e mexicana.
 
 

Disfruta da arte de Cabana na túa visita ao Restaurante Manso

21 de Marzo del 2018, 11:26

 

No Restaurante Manso encántanos a arte e máis aínda se a súa orixe está en terras galegas. Por iso, colaboramos unha vez máis coa galería de arte Federica No Era Tonta para que poidas gozar da obra de Óscar Cabana a próxima vez que nos visites. O artista coruñés estrea o seu novo traballo na galería de rúa do Vilar co nome de “ÍNTIMO. Exercicios cotiáns”, e no Restaurante Manso temos a honra de embelecer as nosas paredes coa súa obra anterior. Desta forma, poderás coñecer toda a traxectoria de Cabana mentres degustas as delicias preparadas polo noso chef Alberto Lareo.

 
 

Cocido e un menú especial por Carnaval e San Valentín

09 de Febreiro del 2018, 11:23

 

 

No restaurante Manso queremos formar parte das vosas celebracións de Entroido e San Valentín este mes de febreiro. Por iso, durante a próxima semana sumaremos á nosa carta de inverno algúns pratos moi especiais: o cocido, o martes 13 e un menú romántico, o mércores 14.

 

 
 

Manso participa na 19º edición de "Xantar" cun taller culinario de Alberto Lareo

30 de Xaneiro del 2018, 10:29

 

Aínda coa resaca do gran evento que foi Madrid Fusión e o concurso á Mellor Croqueta de Xamón do Mundo, o noso chef Alberto Lareo xa está a prepararse para asistir ao gran evento da enogastronomía galega: “ Xantar 2018”. O 19º Salón Internacional de Turismo Gastronómico quixo contar co noso cociñeiro para realizar un showcooking ante os numerosos visitantes que se acheguen ao evento na súa xornada inaugural.

 
 

As croquetas Manso a un paso de convertirse en las mejores del mundo

18 de Xaneiro del 2018, 10:28

 

Xaneiro chega cargado de boas noticias, e é que o noso chef Alberto Lareo foi seleccionado como un dos seis finalistas do ‘IV Campionato Internacional Joselito’ A especialidade? Nin máis nin menos que á Mellor Croqueta do Mundo. Se xa probaches nosas deliciosas croquetas no Restaurante Manso, seguro que non che sorprenderá que opten a tal recoñecemento, se é que están para chuparse os dedos!

 
 

Presentámosvos a Fátima!

17 de Novembro del 2017, 13:23

 

En Manso non cremos nas barreiras:presentámosvos a nosa nova compañeira Fátima. 

 
 

Nova cata maridada no restaurante Manso

03 de Outubro del 2017, 14:41

 

As catas maridadas volven a Manso! O noso restaurante acollerá, o vindeiro mércores 4 de outubro, unha nova cata a cargo da adega Grupo Freixenet e maridada, como non podía ser doutro xeito, cun menú especial elaborado polo noso chef Alberto Lareo.